O diario violeta de Carlota

O diario violeta de Carlota, de Gemma LienasPresentada como “moito máis ca unha novela e ca un diario”, un relato para o traballo da igualdade nas aulas.

Esta semana sumámonos ao convite que desde o BlogFesquio, do IES Fernando Esquío, de Neda, fan do libro O diario violeta de Carlota, publicado en galego por Galaxia. Un dos volumes da exitosa triloxía escrita por Gemma Lienas. Segundo escribía a poeta Marga Romero no Faro da Cultura, “libros recomendábeis polo seu contido pedagóxico, sen retranca moral nin tendenciosa e de lectura áxil: libros que facilitan a conversa entre profesorado e alumnado nas horas de titoría ou nas horas de Educación para a Cidadanía, que provocan que a adolescencia volva comentar as súas lecturas”.

Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas gafas violetas, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísimas situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*