Vive o Verán 2011

actividades ao aire libre en Santiago de CompostelaPrograma de actividades ao aire libre en diversos lugares de Santiago de Compostela.

No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir… Iso é Vive o Verán, un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.

Así, as concellarías de Cultura e Centros Socioculturais, Medio Ambiente e Benestar Social poñen en marcha a terceira edición do programa que, nesta ocasión, contén 85 actividades ao aire libre destinadas a público de todas as idades. Prazas, rúas, parques, centros socioculturais e centros de interpretación ambiental serán os escenarios destas actividades de aprendizaxe, deporte, cultura e lecer.

O programa completo na web do Concello de Santiago: Vive o verán 2011 (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*