Homenaxe a Neira Vilas na Biblioteca Ánxel Casal

Homenaxe a Neira VilasCativos composteláns fixeron un mural colectivo para a exposición “Querido Balbino”.

A actividade tivo lugar o pasado martes 30 de agosto, cando nenos de entre 4 e 11 anos foron pintores por un día e deixaron a súa pegada artística nun mural colectivo en homenaxe a Neira Vilas. O deseño do mural e a coordinación dos rapaces para colorealo foi tarefa de Xoana Almar (Xoana Álvarez Martín) e Miguel Peralta, dous ilustradores formados en Granada e afincados en Santiago, que ofrecen o seu bo facer dun xeito xeneroso e desinteresado para a realización desta obra colectiva. Unindo os seus estilos, Xoana Almar e Miguel Peralta realizaron xuntos numerosos proxectos: exposicións, murais e libros ilustrados. Teñen dous contos publicados, “¿Qué le pasa a la abuela?” e “Los lunares de Lola” (Editorial Triqueta Verde). Cando traballan con nenos comparten tamén as ideas do escritor Gianni Rodari: “Se tivésemos unha Fantástica, como dispoñemos dunha Lóxica, descubriríase a arte de inventar”. O seu magnífico traballo pódese visitar na páxina www.almaraver.carbonmade.com e no blog www.riquinho-e.blogspot.com

O propio Xosé Neira Vilas poderá contemplar o resultado desta obra colectiva o día 2 de setembro, durante a inauguración na Biblioteca da exposición “Querido Balbino” coa que a Xunta de Galicia homenaxea o autor. A mostra ‘Querido Balbino’, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e a Deputación de Pontevedra, propón un percorrido pola vida de Xosé Neira Vilas que tamén permite coñecer a traxectoria da obra máis lida da literatura galega. A exposición percorre as principais bibliotecas e museos de Galicia.

Tamén podedes visitar o espazo en Facebook da Fundación Xosé Neira Vilas

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*