Filme alemán de debuxos animados en 3D inspirado nun libro do escritor Erich Kästner. Os animais, fartos dos desastres provocados pola xente, xúntanse e reclámanlle aos humanos que non haxa máis conflitos.
Vertidos de petróleo nas Galápagos, glaciares derreténdose a toda velocidade no Ártico, incendios devastando Australia… Dese contexto parte a historia que conta Animals United.
Nese escenario de desastres naturais por todo o planeta, un galo lidera un grupo de animais obrigados a fuxir a través do Atlántico nunha bañeira. Van camiño dun dos últimos paraísos: o Delta do Okavango, en África. Aló vive Billy, un suricato, con súa familia, e seu mellor amigo, o león Sócrates. Un león peculiar… soñador, vexetariano, amante de flores e bolboretas.
Unha repentina seca obriga os animais deste pequeno paraíso a buscar a auga perdida que desta volta non flúe das montañas. Aló descubren a razón… algo están facendo os humanos… e Sócrates é capturado. Unindo forzas, celebran a “Gran conferencia dos animais” e deciden desafiar a teimudez dos seres humanos.
Desde este venres 2 de setembro nas carteleiras.