Cliphistoria: aprender historia a través do cinema

Cliphistoria: aprender historia a través do cinemaO ensino da Historia de España a través de clips de filmes e ao tempo unha reivindicación do cinema español e latinoamericano

Manolo González, quen fora director da Axencia Audiovisual de Galicia, é o promotor, na súa condición de docente (imparte aulas no IES Concepción Arenal, en Ferrol) dunha ambiciosa iniciativa de libre acceso na rede.

No Canal ClipHistoria en Youtube pode verse o froito do seu paciente traballo: son a día de hoxe un milleiro de fragmentos extraídos de arredor de 400 filmes que están coidadosamente clasificados para o seu uso didáctico.

Recomendamos a reportaxe de Alfonso Pato en El País Galicia sobre o proxecto: A historia en mil fotogramas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*