O vindeiro luns ábrese o prazo de inscrición para esta acción formativa sobre iniciativas colaborativas a nivel europeo.
O curso en liña, do que se realizan dúas edicións cada curso académico, ten unha duración de dous meses, e expídese, en caso de finalizalo con aproveitamento, un certificado de 4 créditos, equivalente a 40 horas de formación.
Utilizando unha metodoloxía práctica, que permite elixir entre usar a plataforma real ou unha idéntica pero de prácticas, o docente comeza polo máis sinxelo: que é eTwinning, os portais español e europeo, como rexistrarse, o escritorio…e vaise avanzando gradualmente ata o coñecemento das ferramentas e actividades da plataforma, todo iso ilustrado con exemplos, animacións explicativas e prácticas guiadas. Deste modo chégase á creación dun proxecto propio, na plataforma real ou na de prácticas, elixindo en función dos obxectivos e as circunstancias de cada profesional e cada centro, guiado en todo momento por un titor en liña.
O prazo de preinscrición no curso de formación en liña para profesores, eTwinning 2.0, estará aberto dende as 12:00 h. do día 5 de setembro de 2011 ata as 14:00 h. do día 12 de setembro de 2011. O profesorado interesado debe realizar a preinscrición na web do Servizo de Formación en Rede do ITE. Certificaranse 4 créditos de formación (40 horas).
Para saber máis sobre o que é un proxecto eTwinning podedes consultar tamén o artigo que lle adicamos a