FotoPres 09

fotopres09A violencia nos países en conflito é protagonista desta exposición, con 135 fotografías que corresponden aos traballos premiados na 19ª edición do certame da Obra Social “La Caixa”.

A mostra pode visitarse no Colexio de Fonseca, na Universidade de Santiago, deica o próximo 2 de outubro.

“la Caixa” instituíu FotoPres en 1982 co obxectivo de recoñecer o traballo dos fotoxornalistas. Ao longo destes 27 anos, o certame bienal fíxose eco dos cambios que se produciron na fotografía como medio artístico e de sensibilización ante as situacións de conflito.

A exposición con 135 fotografías que chega a Galicia recolle os traballos que se recoñeceron na 19ª edición e que teñen como nexo común a reflexión sobre as condicións de vida de diversos países con situacións de conflito. A Obra Social “a Caixa” outorgou o primeiro premio FotoPres “a Caixa” 09 ao traballo Violencia de xénero en Paquistán, de Emilio Morenatti (Jérez de la Frontera, 1969), unha serie de retratos que o fotógrafo realizou en decembro de 2008 a mulleres paquistanís que sufriran ataques con ácido e que mostraban as secuelas nos seus rostros.

A exposición inclúe tamén os traballos Violencia post-electoral en Kenya, de Walter Astrada (Bos Aires, 1974), e Líbano, entre mar e lume, de Alfonso Moral (Valladolid, 1977), segundo e terceiro premio respectivamente. Ademais, os proxectos documentais dos seis fotógrafos que
obtiveron unha bolsa: Lurdes R. Basolí, Fosi Vegue, Marta Ramoneda, Aleix Plademunt, Mikel Aristregi e José Luis Expósito. FotoPres “a Caixa” é o galardón con mellor asignación económica de España para fotografía documental.

Recomendamos ampliar en Culturagalega.org e na web de la Caixa.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*