O debut de Martino Porconi

O debut de Martino Porconi, de Xosé Antonio Neira CruzDa colección ‘Árbore Musicontos’ da Editorial Galaxia, esta obra de Xosé Antonio Neira Cruz foi seleccionada polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009.

‘O debut de Martino Porconi’ é a recreación do conto tradicional de Os tres porquiños a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xustamente, o libro que xunto con O prodixio dos zapatos de cristal significou a apertura da nova colección ‘Árbore Musicontos’ da Editorial Galaxia. Unha iniciativa froito da colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, quen puxo o marco musical (Shostakovich e Britten), e ao que se une a voz do actor de dobraxe Francisco M. Barreiro.

Este musiconto (libro+CD), está ilustrado por Federico Fernández, proporcionando así o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia.

Xosé A. Neira Cruz e o director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, traballaron man con man para seleccionar aquelas partes das músicas de Shostakovich e Britten que servirían para ambientar o conto. Nesta versión, a historia dos tres porquiños ten unha nova perspectiva: o lobo é un tenor de grande talento, e o porquiño máis pequecho ten o corazón entregado ao bel canto.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*