Rexistradas en Galicia 110 adopcións de cativos nos primeiros seis meses do ano

Portal Galego de AdopciónsCon 270 solicitudes no semestre, foron un total de 82 preasignacións de menores chegados doutros países e 28 a nivel estatal.

Por países, a maior parte das presasignacións internacionais corresponderon a adopcións de nenos e nenas de Etiopía (26); China (14); e Colombia (14). O resto corresponderon a países como Vietnam, Ucraína, Hungría, Polonia, Filipinas, Chile, India, Casaquistán, Nepal, Perú ou República Dominicana.

A preasignación de menores no ámbito internacional supón un dos últimos trámites para que a adopción sexa efectiva: prodúcese cando o país de orixe asigna a un menor susceptible de ser adoptado e facilita toda a documentación coa información relativa ao neno ou nena á Secretaría Xeral de Familia e Benestar ou á Entidade Colaboradora de Adopción Internacional (ECAI).

Estas últimas son as entidades colaboradoras de adopción internacional que sen ánimo de lucro e legalmente constituídas teñen nos seus estatutos como fin a protección de menores, así como a intermediación na adopción internacional, é dicir, as ECAI poñen en contacto aos solicitantes cos organismos ou institucións competentes para a adopción no país do que se trate.

Cales son os requisitos?
Unha vez que chega a preasignación, tanto a familia como a Secretaría Xeral, previo informe do equipo de adopción, teñen que estar conformes coa preasignación para que se prosiga co expediente. Con independencia do seu estado civil, calquera individuo, matrimonio ou parella de feito pode solicitar unha adopción.

O proceso e os requirimentos específicos:

  • ter como mínimo 25 anos (no caso de solicitude conxunta por cónxuxes ou parellas abondará con que un deles teña a devandita idade e, en todo caso, o que adopta deberá ter, polo menos, catorce anos máis que o adoptado)
  • residir en Galicia e ter plena capacidade xurídica e de obrar
  • Con carácter xeral só poden ser adoptados os menores non emancipados cando os seus pais foran privados da patria potestade; cando os seus pais deran a súa conformidade para a adopción (no caso de recen nados o consentimento da nai poderá prestarse ata que teñan transcorridos 30 días desde o parto); e cando foran abandonados
  • Con carácter previo á presentación da solicitude é obrigatorio asistir a unha preparación previa impartida por técnicos de adopción da Secretaría Xeral de Familia e Benestar
  • A solicitude presentarase no departamento territorial da Consellería correspondente ao seu domicilio e formularase para un país concreto
  • O seguinte paso é facer un estudo e valoración para a declaración de idoneidade que supón un estudo psicolóxico e social dos solicitantes que se realiza coa finalidade de determinar se posúen as capacidades necesarias para adoptar a un neno ou nena. Despois comeza a tramitación e, por último, faise a preasignación e asignación
  • En Galicia pode obterse toda a información e documentación fornecida pola Consellaría de Traballo e Benestar a través do Portal Galego de Adopcións. O portal ofrece ademais a posibilidade de facer directamente consultas sobre a adopción.

    Outros espazos onde obter información:

    Deixar un comentario

    Por favor, introduce o teu comentario!
    Por favor, introduza o seu nome aquí

    *