Con todos vós: Os tres erres!

Reducir, reciclar e reutilizar. Coa colaboración de Sogama achegámosvos un recurso didáctico sobre o medio ambiente.

Pica sobre a imaxe para ampliala e navegala. Ao pasar o punteiro sobre a páxina verás destacadas as imaxes e palabras que inclúen ligazóns para ampliar información en internet:

Na parte superior podes mudar a forma de lectura a unha ou dúas páxinas (unha é o axeitado se usades pizarra dixital). Tamén podedes navegar a ficha en formato mosaico ou descargar o .pdf e usalo como mellor prefiras na casa ou na aula en calquera dos dispositivos dos que dispoñas.

Podedes descargar as unidades para usalas ao voso criterio, desde as seguintes ligazóns:

Na aula dixital de Botóns

Co inicio do curso 2011-2012, o Portal Galego da Educación – Botóns comeza novamente a súa actividade. Alén de sermos punto de encontro para o intercambio de información e recursos na comunidade educativa, iniciamos tamén a elaboración propia de materiais que, de xeito gratuíto, poñemos na rede á vosa disposición para o libre uso e descarga.

A nosa aula dixital trae desta volta este primeiro agasallo da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Coa colaboración desta empresa pública, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, presentámosvos unha primeira ficha adicada á chamada Regra dos 3 ‘r’: Reducir, Reciclar, Reutilizar. As fichas didácticas poden navegarse directamente desde aquí ou descargarse de balde para usalas en calquera outro dispositivo ou formato.

Logo desta primeira entrega onde coñeceremos ‘Os tres erres’, cada quince días, estes e outros personaxes acompañarannos en Botóns para axudarnos a afondar en diversos temas de interese medioambiental: a problemática que representa na actualidade a elevada produción de lixo, as boas prácticas na redución da xeración de residuos urbanos, a separación de refugallos en orixe, a compostaxe doméstica, etc

4 COMENTARIOS

Deixa una resposta a Maxia? Non, reciclaxe! | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*