A misteriosa vida emocional do bebé. Un libro de Elizabeth Fodor e Montserrat Morán.
Descubrir e interpretar a misteriosa vida emocional do bebé é unha tarefa complexa. Quedamos marabillados ao saber que as experiencias emocionais, especialmente nos primeiros anos de vida, inflúen de forma notable no inconsciente. Así, agora sabemos que os bebés son capaces de interpretar as emocións reais nos xestos e que o seu mundo imaxinario está moi desenvolvido.
Este libro explícanos como funciona o mundo emocional do bebé na práctica, e oriéntanos para saber:
- Como recoñecer as emocións dos nosos fillos dende que nacen.
- Como actuar fronte a elas.
- Que facer para axudar aos nenos a conseguir un desenvolvemento emocional harmónico.
Esta obra é froito dos máis de trinta anos de experiencia das autoras que estiveron a traballar e observaron como interactuan os nenos entre eles e cos seus pais en grupos de xogo. Esas observacións permitíronlles ofrecer unha orientación aos pais e aos profesionais na educación e comprensión sobre o desenvolvemento emocional harmónico dos máis pequenos.
Editorial Pirámide – Colección ‘Guías para pais e nais’
24,50 euros