Móllate polos ríos!

O Proxecto Ríos organiza a IV Limpeza Simultánea de RíosO Proxecto Ríos organiza a IV Limpeza Simultánea de Ríos. Será o vindeiro 2 de outubro.

Voluntarias e voluntarios bótanse ao río no inicio deste outono a prol dun planeta máis limpo. Un total de 31 concellos, 10 concellos e máis de 30 entidades participan na iniciativa impulsada polo Proxecto Ríos.

Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre como se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallará aos voluntarios cunhas camisolas co lema da limpeza. A xornada conta co financiamento de C. H. Miño-Sil, e dos concellos de Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, San Sadurniño, Pobra de Trives e Valga.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. O proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Máis información na web de Adega: O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono coa IV limpeza simultánea de ríos e tamén na web da xornada http://limpeza.proxectorios.org/.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*