V Ciclo de Cine e Historia: “En Transición”

V Ciclo de Cine e Historia: "En Transición"Xornada organizada por Nova Escola Galega. Será o luns 3 de outubro ás 17h30 e o 3 de novembro ás 22h.

Cada documental vai acompañado dunha conferencia impartida por persoas expertas na materia.

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte – Santiago).

Obxectivos previstos:
1. Poñer da manifesto a importancia de introducir nos currícula os problemas do mundo actual.
2. Concienciar ao profesorado da necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc.
3. Sensibilizar aos asistentes da posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula.
4. Dotar ao profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea.
5. Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea.
6. Facilitar o encontro entre o profesorado de primaria e secundaria e as persoas que traballan no mundo da realización de documentais.
7. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico diante de problemas que por seren coñecidos, moitas veces non reflexionamos sobre eles.

Destinatarios/as:
Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais.
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.
Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da educación.

Nº máximo de participantes:
150, por rigorosa orde de inscrición
(AMPLIADA A MATRÍCULA ATA AS 200 PERSOAS)

Nº de horas:
19 (homologación da Consellería de Educación en trámite)

Máis información na web de Nova Escola Galega

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*