Astronomía educativa

Escolma de recursos en rede sobre o atraente mundo da astronomía. Escolma de recursos en rede sobre o atraente mundo da astronomía.

O Universo, o Sistema Solar, a Terra, a Lúa, historia da astronomía, personaxes famosos ao longo do tempo no eido da astronomía, un glosario de termos… A web Astronomía Amiga recolle unha completa lista de recursos e informacións sobre astronomía con fin divulgativo.

Desde moi cedo o ser humano quedou pampo mirando ao ceo e marabillado e asombrado co espectáculo da noite estrelada. Supersticións e maxia combinaron as primeiras explicacións para moitos dos fenómenos observados. Mentres, pasiño a pasiño, ía conformándose a Astronomía como ciencia encargada do estudio do cosmos.

A astronomía é un ámbito apaixonante tamén para a súa divulgación entre os máis novos. Xa que logo, recomendámosvos desta volta a web Astromia, cuxo mantedor ten tamén un espazo en Facebook sobre astronomía onde peneira informacións sobre este tema.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*