Guía dixital de árbores

Guía dixital de árboresAplicación para móbil desenvolvida por Baía Edicións.

A guía repasa as 50 especies de árbores máis comúns en Europa Occidental en calquera época do ano. Os textos e ilustracións detalladas das súas follas, flores e froitos, da cortiza e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionan o coñecemento suficiente para identificalas. A guía de árbores permite tamén descubrir moitas cousas sobre os seus usos e os beneficios que nos proporcionan.

Esta aplicación para Android que adapta a obra Árbores, da nova colección “As 50 especies máis comúns”, tamén publicada en papel, poderá descargarse na tenda Android Market. O prezo é de 6 euros.

A Guía en móbil, subliñan desde a editorial Baía, revoluciona o concepto de guías de monte, facéndoas máis manexables e lixeiras que as de papel, mantendo e mesmo mellorando, a calidade.

Os autores son Henrique Niño Ricoi, autor de diversas guías de divulgación do medio natural galego, é o responsable do texto, no que buscou a linguaxe doada y comprensible sen perder o rigor científico necesario en obras destas características, e Calros Silvar, ilustrador e divulgador plástico da naturaleza de amplo prestixio, é o autor das ilustracións a toda cor que perseguen unha identificación rápida e exacta dos distintos elementos que levarán ao recoñecemento da especie observada.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*