O lixo, un problema teu e do planeta

Coa colaboración de Sogama achegámosvos unha nova peza didáctica sobre o medio ambiente.

Pica sobre a imaxe para ampliala e navegala. Ao pasar o punteiro sobre a páxina verás destacadas as imaxes e palabras que inclúen ligazóns para ampliar información en internet:

Podedes descargar as unidades para usalas ao voso criterio, desde as seguintes ligazóns:

Na aula dixital de Botóns

Co curso xa iniciado en Primaria e Secundaria, a nosa aula dixital trae desta volta un novo agasallo da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Coa colaboración desta empresa pública, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, presentámosvos este segundo recurso didáctico adicado desta ao problema do lixo. A ficha pode navegarse directamente desde aquí ou descargarse de balde para usala en calquera outro dispositivo ou formato.

Recordámosvos que se trata da segunda entrega dunha serie que comezou co inicio do curso, o pasado 12 de setembro, coa primeira entrega onde na que coñecemos ‘Os tres erres’. Cada quince días, estes e outros personaxes acompañarannos en Botóns para axudarnos a afondar en diversos temas de interese medioambiental: a problemática que representa na actualidade a elevada produción de lixo, as boas prácticas na redución da xeración de residuos urbanos, a separación de refugallos en orixe, a compostaxe doméstica, etc

COMPARTIR

2 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*