V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

V Congreso de Ensinantes de Música TradicionalOrganizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos terá lugar no Auditorio de Galicia os días 7, 8 e 9 de outubro.

Pretendemos con esta actividade, amosar a riqueza da nosa cultura tradicional, incidindo na importancia que ten a transmisión destes coñecementos para que as novas xeracións continúen a valorar, respectar e transmitir este importante legado cultural. Deste xeito consideramos imprescindible a involucración de todos os axentes educativos no eido da música e da cultura tradicional como son escolas de música, conservatorios, asociacións culturais, etc”. Así o explican desde a Asociación de Gaiteiros Galegos.

Subliña o colectivo que este Congreso de Ensinantes de Música Tradicional convértese xa, nunha actividade fundamental na que “a educación é o punto de referencia e de partida no camiño a percorrer en prol da dignificación e difusión das nosas costumes e tradicións”.

Máis información na web do colectivo: V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

XIII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas
Contámosvos ademais que o vindeiro 9 de outubro – Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a XIII edición da Mostra de Música Tradicional. Despois do parón dos últimos anos, a Asociación de Gaiteiros Galegos retoma a organización desta mostra grazas ao interese en colaboración da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

Un total de 13 formacións de todo o país (Gaiteiros Froito Novo, Alvariza, Tinta Femia, Faíscas de Solobeira, Picuíña, Ludovaina, Millo Verde, Abertal, Arume, Abelente, Xarín, Saíñas e Cantareiras de Alende) participarán na mostra.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*