Typewriter. A historia escrita á máquina

Typewriter. A historia escrita a máquinaNa Cidade da Cultura, entre o 3 de outubro e o 22 de decembro.

Nesta mostra, que se pode visitar no Arquivo de Galicia até o 8 de xaneiro, achégase unha escolma de 120 máquinas de escribir, procedentes da colección de más de tres mil pezas da familia viguesa Sirvent. Dende a primeira máquina fabricada industrialmente ata pezas tan curiosas como máquinas de escribir música, estenotipias, de escritura para cegos, de escritura encriptada para espías, de abecedario xaponés, árabe, ruso, etc

A exposición está inserida no programa de visitas didácticas da Cidade da Cultura, que se puxo en marcha o pasado 3 de outubro e durará deica o 22 de decembro. Diríxese a centros escolares co obxectivo de achegar o contido da exposición aos estudantes galegos, dende os niveis de Educación Infantil ata Bacharelato, incluíndo aos alumnos de ciclos de Formación Profesional.

Guías didácticas
A través dun equipo de guías con formación pedagóxica e de creativos recursos educativos, os alumnos mergullaranse nas etapas históricas nas que foron fabricadas as diferentes máquinas de escribir que se exhiben, dende principios do século XIX ata finais do XX. Descubrirán tamén como a escritura mecanizada revolucionou campos como a comunicación, o comercio e mesmo provocou importantes cambios sociais, facilitando, por exemplo, o ingreso masivo da muller no mundo do traballo. O mesmo tempo, e especialmente os máis novos, desenvolverán hábitos de observación e goce estético e de comportamento en espazos culturais.

Contos infantís inspirados no universo de typewriter, láminas e debuxos con ilustracións para os mais cativos, actividades psicomotrices, xogos de rol, exercicios que invitarán a facer pesquisas, grupos de traballo para debater e reflexionar, todos estes elementos farán desta visita unha experiencia divertida, enriquecedora e directamente conectada co contido curricular dos plans de estudo dos alumnos.

Os profesores e centros interesados poderán descargarse no enderezo electrónico www.cidadedacultura.org/visitasdidacticas unha guía de contido específicos. Ademais, porase a súa disposición un caderno dirixido aos profesores e outro con actividades para os alumnos.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*