Preescolar na Casa desenvolverá un programa de formación no eido da Igualdade

Preescolar na Casa desenvolverá un programa de formación no eido da IgualdadeA entidade asina coa Xunta un proxecto de colaboración para a prevención da violencia de xénero.

Preescolar na Casa integrará na súa programación educativa do curso liñas específicas sobre o valor da non violencia nun formato accesible e doado para as familias, distribuirá material específico con conceptos básicos relacionados coa prevención da violencia de xénero e fomentará espazos de comunicación e intercambio entre as persoas participantes sobre actitudes e valores non sexistas.

As accións formativas terán lugar en localidades das catro provincias a través do equipo profesional da Fundación Preescolar na Casa, co obxectivo de que tanto as familias como as nenas e nenos participantes aprendan estratexias para análise e a resolución de conflitos e para unha convivencia baseada no respecto e a tolerancia.

A iniciativa é froito dun convenio asinado recentemente pola secretaria xeral da Igualdade, Marta González, e a presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Ermitas Fernández.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*