Programa Xogade curso 2011/2012

Programa Xogade curso 2011/2012Iniciativa de promoción deportiva en idade escolar coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e as Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas.

Consta de tres liñas de actividade:

Coñece o teu club
Coa fin de acercarlles aos escolares os recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, e ofrecerlles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.

Xogos populares
Un obradoiro itinerante de xogos populares para realizar nos centros escolares co seu profesorado e o material cedido en préstamo pola
Secretaría Xeral para o Deporte. A duración do taller será dunha semana por centro.

Educación, deporte e valores
É unha exposición itinerante, dunha semana de duración, polos centros escolares con paneis informativos.

Toda a información na web DeporteEscolarGalego.com

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*