‘Sábados animados’ na Bebeteca

'Sábados animados' na BebetecaComeza esta actividade na Biblioteca provincial da Coruña.

Pensada para nenos e nenas entre 4 e 6 anos, a Bebeteca comeza esta semana os “Sábados Animados” cun taller de experimentos. Trátase dun programa de actividades para os máis pequenos que se desenvolverá cada sábado ata o próximo 17 de decembro.

A primeira cita é este sábado 22 cun obradoiro de experimentos, impartido por María Carro, que se intercalará coas clases de plastilina a cargo de Ana Tenreiro.

Os talleres teñen lugar en horario de 11.30 horas a 13.00 horas, dirixidos a nenos e nenas de 4, 5 e 6 anos. As reservas (dun máximo de dous nenos por persoa) pódense realizar na propia Bebeteca ou no número de teléfono o 981 080 174 a partir do luns anterior a cada actividade.

En cada ocasión, o taller de experimentos estará centrado nun ensaio sorpresa como, por exemplo, pescudar mensaxes secretas ou estudar o funcionamento dun volcán en erupción. No caso de plastilina, os pequenos aprenderán a facer figuras de personaxes coñecidos e, nalgunha ocasión, a fabricar eles mesmos a súa propia plastilina.

Para os nenos de 3 anos organizaranse tres talleres de manualidades para os venres 28 de outubro, 25 de novembro e 23 de decembro. Os pequenos terán que estar acompañados por un adulto e estas actividades realizaranse entre as 18.00 e as 20.00 horas. A entrada para todas as clases é gratuíta.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*