Escribimos un conto colectivo?

Escribimos un conto colectivo?O convite faino a biblioteca provincial da Coruña este luns, coincidindo co Día da Biblioteca.

Na sección de préstamos da biblioteca haberá un atril onde os usuarios poderán participar na redacción do relato.

E, por certo, hai xa pensado un comezo para o conto. E di así:

“Detívenme, non sabía que facer, cando de repente vin…”

O convite a cada persoa que por alí se achegue propón engadir unha frase. E, ollo, haberá regalo para os participantes!

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*