A tradición do monicreque

A tradición do monicrequeViravolta Títeres leva estes días unha mostra ao espazo comercial Marineda da Coruña.

A compañía ViravoltaTíteres, expón máis de 150 pezas de gran valor etnográfico situadas en 13 espazos expositivos situados por todo o centro comercial Marineda City.

Unha das pezas máis espectaculares é a recreación dunha barraca ambulante na que se representaban espectáculos de monicreques por toda a xeografía galega principios do século XX.

Na exposición pódense encontrar practicamente todos os tipos de monicreques, dende marionetas a xoguetes articulados ou cabezudos e xigantes, entendendo o monicreque como obxecto que ao ser manipulado realiza unha función dramática. Ademais, poderanse ver as diferentes formas de manipulación (luva, fío, vara…), as técnicas títiriteras utilizadas nas representacións ambulantes e pezas históricas destas representacións, así como un taller dun monicrequeiro, coa súa mesa de traballo onde é posible apreciar o proceso de construción dunha marioneta (moldes, tallados, pezas…).

Unha das pezas máis espectaculares da mostra, tanto pola súa historia coma polas súas dimensións (5 m de alto x 6,5 de ancho x 14 de fondo), é a recreación dunha barraca ambulante na que se representaban espectáculos de monicreques por toda a xeografía galega de 1910 a 1960, coñecida como a “Barraca do Barriga Verde”, un dos monicrequeiros máis emblemáticos de Galicia.

Exposición viva
Ademais, o centro comercial acollerá cada sábado ata o 13 de novembro diferentes espectáculos de marionetas. O 22 de outubro Seisdedos Títeres representará “O Galo Quirico e vos seus amigos”, que segue a versión publicada por Bernardino Graña; o 29 de outubro será o espectáculo “Varietés” con monicreques de fío e de mesa o que anime a pequenos e maiores; o 5 de novembro, tamén interpretado por compañía Seisdedos Títeres, terá lugar “Dueto de fío”; e o 12 de novembro a compañía Viravolta Títeres representará o “Frautista de Hamelín” baseado nas animacións de rúa. Estas actuacións terán lugar na planta 2 do centro comercial en sesións de 17.00, 18.30 e 19.30 horas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*