Organizada pola asociación Gatocán. Será o sábado 29 de outubro.
O próximo 29 de outubro o colectivo Gatocan organiza unha ruta de sendeirismo con mascotas, á que pode acudir todo o que queira, sexa ou non socio da protectora. Os datos desta actividade son os seguintes:
LUGAR: Monte do Gato (Coirós)
DATA: 29 de outubro de 2011
ITINERARIO: Oís – Pico da Felga – O Fervencedo – Boqueixón – A ponte do Asno – Muíño da Longarela – Ponte Xora – Ponte Xora
DISTANCIA: 12 km
DURACIÓN DA RUTA: 4-5 horas
DIFICULTADE: media-baixa
XANTAR: pinchos moi variados e abundantes. Haberá empanada, tortilla, calamares fritos, canapés diversos (xamón, queixo, salchichón, salmón), salchichiñas envoltas en bacon, tartaletas con ensaladilla, pasteliños variados de postre, auga, viño e refrescos.
PREZO: 12 euros para os socios e 15 euros para os non socios. Deberán ingresarse na conta 2080 0048 23 3040006775 (Novacaixagalicia) indicando o nome do participante e a palabra “ruta”. Hai que facelo antes do día 26, xa que hai que dicir o número de persoas ao restaurante que nos servirá a comida.
Que queira apuntarse deberá enviar un email cos seus datos a asociaciongatocan@gmail.com