Canto sabes sobre a cultura e os idiomas do camiño?

Canto sabes sobre a cultura e os idiomas do Camiño?Un xogo que forma parte do “Proxecto Camiño”.

Sabes cantos falantes de linguas minorizadas hai actualmente en Europa…? 46 millóns? 8 Millóns) 100 millóns? Sabes cada cantos anos se celebra o Xacobeo? Cantos quilómetros hai dende Kiel ata Santiago a través do Camiño de Santiago?

O xogo que propón estas preguntas está dispoñible na web Santiago Languages, o espazo na rede do “Proxecto Camiño”.

Unha iniciativa que ten como obxectivo destacar a achega das linguas e culturas do Camiño de Santiago ao gran patrimonio común europeo, dirixindo a atención especialmente ás linguas e culturas rexionais e/ou minoritarias. Para logralo, promoverase a divulgación do patrimonio cultural máis alá das fronteiras estatais e buscarase o diálogo entre as diversas linguas e culturas dos membros integrantes deste.

É moi importante reflectir a relación histórica entre os idiomas e culturas dos camiños de Santiago para dar a coñecer a diversidade lingüística de Europa, a súa orixe e as relacións entre os diferentes idiomas, evidenciando que a pluralidade lingüística e cultural é un compoñente intrínseco á identidade europea.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*