Novo espazo en rede da Federación de Asociacións de Celíacos

Novo espazo en rede da Federación de Asociacións de CelíacosInformación sobre a celiaquía, dieta sen glute e temas de interese relacionados.

“Coa nova web queremos transmitir unha idea de proximidade, facilidade e actualidade, valores que cremos que describen a Federación”, explicou Marta Teruel, xerente da Federación de Asociacións de Celíacos (FACE), durante a presentación do novo espazo web, “agardamos que todos os usuarios poidan atopar o que necesitan dunha forma rápida e que sintan que esta web é un punto de unión para resolver todas as dúbidas que teñan”.

A web conta con apartados sobre a enfermidade celíaca ou a dieta sen glute, con información sinxela e útil para axudar a afrontar de xeito doado o diagnóstico e rutina dos celíacos. Inclúese documentación actualizada e dispoñible para descargar, como son as Modificacións á lista de alimentos aptos para celíacos, os novos produtos Marca de Garantía e información e novas diversas.

Tamén está dispoñible lexislación, información e subvencións para as empresas que desexen incluír os seus produtos na Lista de Alimentos Aptos para Celíacos. Do mesmo xeito, hai un apartado sobre Lecer e Vacacións, onde se peneiran os datos de hoteis, restaurantes e campamentos ou centros de ocio con atención especial para os celíacos.

Toda a información en Celiacos.org

O colectivo tamén mantén a web FACE Joven, punto de encontro para os mozos que sofren da enfermidade.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*