O bo uso da silla infantil no coche reduce ata un 75% as lesións en caso de accidente

Un informe recente do RACE revela o déficit en materia de seguridade nos vehículos que viaxan menores de 12 anos.

Os informes de seguridade indican que un sistema de retención infantil (SRI) reduce até nun 75% as lesións en caso de accidente ou impacto. Por iso, é importante equipar cadeiras de calidade, que ofrezan a máxima garantía de seguridade en caso de accidente. Os datos de sinistralidade infantil en España durante o 2010, referidos a estrada e cun cómputo de vítimas realizado a 24 horas, revelan que no pasado ano faleceron 49 nenos menores de 14 anos por accidente de tráfico, o 47% deles durante os meses de xullo e agosto. Dos nenos falecidos, o 82% tiña menos de 12 anos, dos cales, o 37% non utilizaba ningún sistema ou accesorio de seguridade.

Segundo os datos facilitados polo Real Automóbil Club de España (RACE), por tipo de vía, con datos referidos a estrada e a 24 horas, o 59% dos nenos falecidos por accidente de tráfico foron por estrada convencional (29 mortes), seguido da autovía, cun 27% dos casos (13 mortes) e a autoestrada, en terceiro lugar, cun 14% (7 falecidos). Por datas, confírmase que as maiores cifras de mortalidade infantil na estrada prodúcese nas operacións de movemento de vehículos, por iso, é importante lembrar a importancia de equipar de forma correcta unha cadeira de seguridade no vehículo.

Co obxecto de dotar aos pais da maior cantidade de información, e de forma paralela ás probas de homologación necesarias para a comercialización de calquera cadeira de seguridade, os clubs automobilísticos e as principais asociacións de consumidores europeas realizan cada ano informes sobre a seguridade dos Sistemas de Retención Infantil, onde se trata de analizar en profundidade elementos de valoración para o usuario, o que lle permite unha compra coa máxima información posible. Nesta segunda edición 2011 analizáronse 10 modelos (nun dos casos trátase do mesmo modelo con distinta base) en todas as categorías de peso e sistemas de ancoraxe.

O informe completo: Informe de Seguridade en Sistemas de Retención Infantil (SRI)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*