“Pallasos en Rebeldía” acompaña a Leo Bassi na súa xira polo Brasil

O director do Festiclown Palestina, Iván Prado e Manuel Vicente (Roxo) acompañarán a Leo Bassi na súa xira polo Brasil.

Durante a viaxe, que comezou a pasada semana e se estenderá ata mediados de novembro, os artistas galegos presentarán tamén Pallasos en Rebeldía e o Festiclown Palestina en varios actos organizados por colectivos locais de circo, ademais de estableceren contacto co tecido cultural e social do país.

Deste xeito, o primeiro de novembro, Iván Prado e Roxo participarán en Rio de Janeiro nunha charla-presentación a celebrar no local de “Teatro do Anónimo” e organizada polo colectivo brasileiro de pallasos “Anjos do Picadeiro”.

Conducida por João Carlos Artigos, coordenador do dito colectivo de pallasos, falaran Iván Prado, Roxo e Leo Bassi. Así, baixo o título”Risas que cambian o mundo: Chiapas-Palestina-Galicia”, esta será a presntación oficial no Brasil de Pallasos en Rebeldía e do Festiclown Palestina.

Sumando esforzos

Nunha viaxe que se enmarca na campaña de difusión do Festiclown palestina en todo o mundo, Iván Prado e Roxo a acompañarán a Leo Bassi na sua xira por São Paulo, Rio de Janeiro e o Estado de Santa Catarina. Pola súa parte, mentres que Iván Prado fará de produtor executivo da xira, Roxo fara de técnico de espectáculos.

Ao tempo que Leo Bassi actúa no festival de Florianópolis e en varias comunidades rurais do Brasil, Iván prado aproveitará para contactar con colectivos sociais e de tetaro do brasil e para impartir unha conferencia en Rio de Janeiro.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*