Cita mundial coa educación en Copenhagen

Cita mundial coa educación en CopenhaguenA Alianza Mundial pola Educación trata de comprometer novos investimentos por parte da comunidade internacional.

A Alianza Mundial pola Educación (AME) convoca en Dinamarca á comunidade internacional para propoñer un reabastecemento económico en materia educativa. Será este 7 e 8 de novembro, cando se levarán a cabo en Copenhagen unha serie de xuntanzas a través das cales a AME tratará de comprometer novos investimentos por parte dos países doadores coa fin de continuar apoiando a educación nos países en desenvolvemento.

Mentres que os países máis empobrecidos si cumpriron as súas metas e investiron as cifras establecidas en educación, os países ricos fallaron neste compromiso. Os últimos avances que conseguiron que 40 millóns de nenos e nenas máis estean escolarizados corren o perigo de sufrir un retroceso de non ser que se poñan a disposición novos recursos. Dentro dos seus orzamentos, os países máis desenvolvidos invisten un 9% na súa propia educación, mentres que, dos xa de seu exiguos orzamentos que destinan a Axuda Oficial ao Desenvolvemento, só o 4% se destina a Educación Básica.

Ante esta realidade e, de cara á cita de Copenhague, a Campaña Mundial pola Educación lanza o documento “Construamos o futuro: financiar unha educación de calidade” (.pdf) que pretende ir achandando o terreo e sensibilizar a sociedade civil do ineludible que é, a pesar do contexto global de crise financeira, volver recadar fondos para seguir garantindo o traballo pola educación que moitos países en desenvolvemento están a executar.

As reclamacións básicas:

  • Contribucións ao Fondo da AME de 2.500 millóns de dólares.
  • Compromisos adicionais de 5.500 millóns de dólares procedentes das axencias multilaterais e do sector privado para a educación básica.
  • Compromiso político de todos os actores que garanta un financiamiento seguro, unha educación de calidade en todos os Estados, un esforzo na educación das nenas e mellores resultados de aprendizaxe.
  • Aumento do financiamento doméstico destinada á educación básica dos países en desenvolvemento.

O financiamiento da educación está en perigo de retroceder debido á diminución da axuda á educación básica por parte de países como os Estados Unidos, os Países Baixos, Dinamarca e España. Outros, como Francia, Alemaña e Xapón, teñen compromisos de axuda que están moi por baixo das súas obrigas de acordo coa súa riqueza.

As consecuencias desta tendencia serán devastadoras. Por exemplo, Burkina Faso perderá os seu cinco principais doadores, que representan máis do 50% da axuda á educación do país e un destino similar podería agardar a outros países que dependen dos doadores, como Cambodia, Nicaragua e Vietnam (exemplos identificados no traballo de Brookings, ‘As perspectivas da axuda bilateral á educación básica pon en risco aos estudantes’).

A Coalición Española da Campaña Mundial pola Educación (CECME) únese así ao resto de Coalicións que compoñen a campaña no esforzo de esixir aos líderes políticos de cada un dos seus países un maior compromiso coa educación no mundo. De parte de España viaxará a Copenhague Francisco Gutiérrez Soto, xefe da área de Educación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

Cifras sobre a Educación:

  • Actualmente hai 67 millóns de nenos e nenas sen acceso á educación.
  • Cada dólar investido en educación reverterá nuns 10-15 dólares de crecemento económico
  • 7 millóns de casos de SIDA poderían previrse na seguinte década se cada neno/a no mundo recibise educación
  • Os menores que teñen unha nai alfabetizada contan co 50% máis de posibilidades de sobrevivir a partir dos 5 anos.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*