A máis completa ferramenta online para conxugar verbos de maneira automática

A máis completa ferramenta online para conxugar verbos de maneira automáticaO CilenisConxugador mesmo conxuga verbos que aínda non recollen os dicionarios, como tuitear.

eu oio
ti tuiteas
ela aquela
nós conxugamos
vós pondes
eles safan*

Velaí un dos exemplos cos que se presenta o Cilenis Conxugador, botando man ata de verbos que aínda non recollen os dicionarios.

Esta nova ferramenta tecnolóxica para o galego con evidentes aplicacións no eido da educación, xa pode probarse de xeito gratuíto en internet no espazo http://conxugador.cilenis.com.

Alén de posibilitar a conxugación dos verbos que integran o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG), tamén serve para conxugar calquera outro verbo que se nos ocorra: neoloxismos, tecnicismos… ou mesmo verbos dunha xerga ou incluso inventados.

A aplicación está baseada no sistema de código aberto conshuga. É software libre e pode ser implementado en aplicacións e sistemas externos. A iniciativa xorde como carta de presentación da empresa Cilenis, nada este ano 2011 como spin-off creada por membros do grupo de investigación ProLNat@GE (Grupo para o Procesamento da Linguaxe Natural), na Universidade de Santiago de Compostela. Cilenis ofrece produtos e solucións avanzadas nos campos do Procesamento da Linguaxe Natural e a Enxeñería Lingüística. Desenvolverá ferramentas en galego, portugués,castelán, inglés e francés.

Tamén en portugués

Ao tempo que a versión galega, Cilenis desenvolveu un conxugador verbal en portugués, dispoñible desde xa para os máis de 240 millóns de falantes desta lingua no mundo. A empresa galega sitúase así en primeira liña na creación de ferramentas lingüísticas on line no ámbito lusófono cunha ferramenta que mellora as existentes ata agora.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*