O CilenisConxugador mesmo conxuga verbos que aínda non recollen os dicionarios, como tuitear.
eu oio
ti tuiteas
ela aquela
nós conxugamos
vós pondes
eles safan*
Velaí un dos exemplos cos que se presenta o Cilenis Conxugador, botando man ata de verbos que aínda non recollen os dicionarios.
Esta nova ferramenta tecnolóxica para o galego con evidentes aplicacións no eido da educación, xa pode probarse de xeito gratuíto en internet no espazo http://conxugador.cilenis.com.
Alén de posibilitar a conxugación dos verbos que integran o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG), tamén serve para conxugar calquera outro verbo que se nos ocorra: neoloxismos, tecnicismos… ou mesmo verbos dunha xerga ou incluso inventados.
A aplicación está baseada no sistema de código aberto conshuga. É software libre e pode ser implementado en aplicacións e sistemas externos. A iniciativa xorde como carta de presentación da empresa Cilenis, nada este ano 2011 como spin-off creada por membros do grupo de investigación ProLNat@GE (Grupo para o Procesamento da Linguaxe Natural), na Universidade de Santiago de Compostela. Cilenis ofrece produtos e solucións avanzadas nos campos do Procesamento da Linguaxe Natural e a Enxeñería Lingüística. Desenvolverá ferramentas en galego, portugués,castelán, inglés e francés.
Tamén en portugués
Ao tempo que a versión galega, Cilenis desenvolveu un conxugador verbal en portugués, dispoñible desde xa para os máis de 240 millóns de falantes desta lingua no mundo. A empresa galega sitúase así en primeira liña na creación de ferramentas lingüísticas on line no ámbito lusófono cunha ferramenta que mellora as existentes ata agora.
[…] Relacionado: A máis completa ferramenta online para conxugar verbos de maneira automática […]