Documental “A educación: hoxe, onte,… e antonte”

documental-educacion-onte-hoxePresentouse na Casa das Asociacións de Cornes, en Santiago de Compostela, o documental A educación: hoxe, onte,… e antonte, dirixido polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais en colaboración co Programa Municipal de Educación de Rúa.

A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado presidiu a estrea deste documental, que recolle as voces de máis de 60 persoas que comparten as súas experiencias e o seus testemuños entorno a temas como as diferenzas entre o sistema educativo que había antes e o actual, o labor do profesorado ou o uso do galego nas escolas.

A realización deste documental foi posible grazas á colaboración das seguintes entidades: Asociación de Avoas de Pontepedriña, Asociación de Alumnos do IV Ciclo, Grupo de Memoria do CSC de Vite, Grupo de Maiores do CSC da Trisca, USC, IES Antón Fraguas, Asociación do Traxe Galego e Museo Pedagóxico Galego.

Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*