Coa firma deste convenio o centro comprométese a incorporar os dereitos da infancia ao seu Programa Educativo de Centro.
O Colexio Galén de Lugo e UNICEF asinaron o pasado 23 de novembro o Convenio Escola Amiga de UNICEF, converténdose así no segundo centro de Galicia que recibe este recoñecemento.
Coa firma deste convenio o centro comprométese a incorporar os dereitos da infancia ao seu Programa Educativo de Centro, realizar as actividades do programa educativo Enrédate, dar apoio e difusión en emerxencias e realizar algún acto de recadación a favor de UNICEF.
Para este curso organizarán unha semana temática sobre auga e saneamento dentro da campaña ‘Gotas para Níger.