O proxecto do IES de Chapela, segundo clasificado na categoría de alumnado dos Premios Irene.
Na modalidade de alumnado, o segundo premio dos Premios Irene: a paz comeza na casa, foi para o proxecto ‘Ollos tristes, mirada baixa, boca pechada’, do instituto de Chapela. Está baseado nunha vivencia en primeira persoa na que unha alumna do centro pretende dar a coñecer a experiencia vivida en relación coa violencia de xénero sufrida pola súa parella e como coa axuda da orientadora e da súa nai iniciaron un traballo en común enfocado a elevar a súa autoestima e a afianzar os seus recursos para enfrontarse a situacións de desigualdade.
[…] E tamén galardón nos Premios Irene para Ollos tristes, mirada baixa, boca pechada, do IES de Chapela […]