Pentti Sammallahti au bord du monde (MACUF)

Pentti Sammallahti - MACUFPentti Sammallahti (1950) é un dos fotógrafos contemporáneos máis destacados de Finlandia.

Na Coruña: Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF)

Dende 29/09/2011 ata 29/01/2012
?Martes a sábado de 11.00 e de 17.00 a 21.30 horas, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.
Luns pechado.
Entrada gratuíta.

Pentti Sammallahti comezou a expoñer con regularidade o seu traballo aos 21 anos e traballou durante moito tempo como profesor na Universidade de Artes Aplicadas de Helsinqui antes de recibir unha bolsa do estado finlandés que lle permitiu consagrarse por completo aos seus proxectos artísticos durante 15 anos.

Afastado de modas e tendencias efémeras, preséntanos pequenas fotografías en branco e negro, divertidas e serias ao mesmo tempo. Confesa a súa absoluta predilección pola neve, o frío e a brancura do norte –en especial entre o seu país natal e Rusia–, o que non lle impide encontrarse cómodo fotografando latitudes máis meridionais, como os Balcáns, Marrocos, India, Nepal e mesmo Turquía.

Nas súas imaxes –e en particular nas que opta polo formato panorámico–, as paisaxes e os seus poboadores vagan sen rumbo, as casas e barracas parecen a piques de desmoroarse, con frecuencia aparece un animal –case sempre un can–, que deambula coa mirada perdida, cunha indiferenza en certo xeito irónica.

A relativamente escasa presenza do home, polo menos fisicamente, é a maneira na que Sammallahti lle fala ao espectador da condición humana. Se recorre á natureza e aos animais, non cabe dúbida de que escolle a fábula para falarnos do mundo no que vivimos.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*