Unha mirada ao mar desde a Torre de Hércules

casa-das-ciencias - Conferencia de Ricardo PregoOs Museos Científicos Coruñeses convidan á mirar ao mar cos ollos dun oceanógrafo: Ricardo Prego, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

Ricardo Prego ofrecerá o mércores 30 de novembro unha charla sobre as características do mar que rodea a cidade da Coruña.

Durante as súas campañas oceanográficas, Ricardo Prego realizou descubrimentos que son importantes para comprender como funciona o mar máis próximo á vida dos coruñeses. Descubriu, por exemplo, que desde o punto de vista oceanográfico a ría da Coruña é máis ben unha baía. Tamén descubriu que a riqueza biolóxica da ría coruñesa débese en gran parte ao afloramento de augas frías que ten lugar durante o verán e á auga que achega en inverno a corrente de Nadal, que procede do trópico.

Ricardo Prego é doutor en Química e profesor de investigación do CSIC.
Estudou bacharelato na Academia Galicia da Coruña e licenciouse en Química na Universidade de Santiago. En 1984 incorporouse ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo para comezar a traballar na súa tese doutoral, que tratou sobre os ciclos bioxeoquímicos na ría de Vigo.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*