Unha neveira solar, papel de algas: así lle dan ao maxín os inventores do futuro

tecnopole - GalicienciaUnha neveira que funciona con placas solares deseñada por alumnos de Carballo, papel fabricado a partir de algas mariñas por estudantes de Vigo, rampas con fluído newtoniano deseñadas para aumentar a vida útil dos amortecedores dos coches ou controladores 3D para videoconsolas máis económicos ca os que traen a Playstation e a Xbox, estes dous últimos por alumnos composteláns.

Son exemplo de enxeños que os estudantes de Secundaria e FP participantes na ‘Galiciencia’ mostraron ao público desde os seus stands na Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, na maior feira científica de Galicia.

O evento foi este ano actividade de referencia da Semana da Ciencia 2011 en España por medio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), que actuou como patrocinadora xunto coa Consellería de Economía e Industria.

En total, expuxéronse 16 proxectos procedentes de colexios da provincia de Ourense, 15 de Pontevedra, 10 da Coruña, 3 de Lugo, 5 de Catalunya e 2 de Euskadi. Entre eles figuran varios realizados polos equipos participantes nas Aulas Tecnópole, un proxecto piloto de adestramento en habilidades innovadoras promovido polo Parque Tecnolóxico de Galicia.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*