Para non perder esta fin de semana: Culturgal

culturgal - feira de industrias culturaisA feira das industrias culturais achega un feixe de actividades para as familias.

Recuncho para a lectura, unha área de traballo na que poñer a proba a súa creatividade e un escenario polo que pasarán propostas de todas as disciplinas sen deixar un momento para o aburrimento. A programación do Cuarto dos nenos elaborouse en colaboración coa comunidade educativa local, que participa, ademais, dende o martes coa elaboración dun gran mural colectivo que se poderá ver a partir do venres no Pazo da Cultura de Pontevedra. Todas as actividades infantís de Culturgal son de balde e espállanse ao longo de toda a fin de semana.

Máis información: Culturgal reforza a súa programación familiar cun Cuarto dos Nenos repleto de actividades

Ademais, aquí pode consultarse o programa familiar (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*