Informe sobre aprendizaxe permanente

Un 10,8% da poboación estatal entre 25 e 64 anos participou en 2010 en actividades de educación formal ou non formal.

En maio de 2009, o Consello da Unión Europea apoiou o obxectivo de alcanzar unha porcentaxe do 15% de participación de persoas adultas en educación e formación para o ano 2020, data na que se espera que o 85% dos postos de traballos requiran dunha cualificación de nivel medio-alto.

aprendizaxe permanenteA este respecto, no informe precísase que “con esta perspectiva debe preocupar a existencia de colectivos numericamente importantes que teñen unha baixa ou nula cualificación, e aos que se debe prestar atención prioritaria para darlles a posibilidade de integración social e laboral”.

Entre estes colectivos figura a poboación adulta (maiores de 16 anos) que carece das competencias básicas correspondentes ao ensino obrigatorio, que segundo a EPA do segundo trimestre de 2010, é do 33,5%, así como a poboación activa que carece de acreditación da súa cualificación profesional, que ascende ao 58,2%.

É prioritaria a atención ao colectivo dos mozos que non obteñen o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ao finalizar 4º curso da ESO, así como o dos mozos que abandonan prematuramente os estudos, que segundo os datos de 2010 representan unha porcentaxe do 28,4%.

Por este motivo, o goberno español contempla un Plan de Acción que presenta, de forma sistematizada, as medidas necesarias para cumprir os obxectivos comprometidos pola Comisión Europea de incrementar a aprendizaxe de persoas adultas no período 2010-2020. Trátase, por tanto, da necesaria concreción no ámbito estatal das políticas europeas para a aprendizaxe permanente e, especialmente, do Plan de Acción “A Aprendizaxe para Adultos. Sempre é un bo momento para aprender”, aprobado en 2007.

Este Plan de Acción 2012-2014 ten como punto de partida o Plan de Acción 2007 da Comisión Europea, e é resultado dun proceso de traballo impulsado polo Ministerio de Educación ao longo do últimos tres anos. O principal obxectivo é alcanzar neste período unha taxa de participación do 12%, e do 20%, cinco puntos máis que o fixado pola UE, en 2020.

Máis información no documento correspondente: Informe sobre a aprendizaxe permanente en España (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*