O Instituto Ribeira do Louro promove este proxecto europeo lingüístico para a posta en valor da lingua do pobo xitano.
A pasada semana tivo lugar no Porriño un seminario dirixido a profesorado de primaria e secundaria así como a representantes de concellos e outros colectivos que traballan con poboación xitana ou en temas de inserción educativa en xeral. O obxectivo é expoñer diversas experiencias de traballo de educación inclusiva, en especial de traballo con estudantes xitanos.
Ademais, o seminario serviu para a presentación do curso Romaninet e doutros materiais destinados a favorecer unha educación inclusiva.
Este seminario enmárcase dentro dos actos previstos para a última reunión transnacional de proxecto ROMANINET, do cal o IES Ribeira do Louro é promotor e no que participan organizacións de distintos países relacionadas co grupo obxectivo: o colectivo xitano. Entre elas atópanse ONGs como a Fundación Secretariado Xitano (España), o Secretariado Diocesano de Lisboa da Obra Pastoral dos Ciganos (Portugal) e Etnotholerance (Bulgaria), institucións educativas como a Universidade de Manchester (Reino Unido) e o Grup Scolar Victor Jinga (Romanía), así como a empresa coordinadora do proxecto AtinServices e expertos en avaliación de proxectos como Concept Consulting SRL (Romanía).
O principal produto deste proxecto é un curso multimedia de lingua Romaní, que foi presentado no seminario