Falamos de bolsas, xa sabes que é fácil: a bolsa amarela, ao colector amarelo. Diso xa che falamos. Agora tócalle á bolsa negra. Recordas como se separa para reciclar?
Coa colaboración de Sogama achegámosvos unha nova peza didáctica sobre o medio ambiente.
Pica sobre a imaxe para ampliala e navegala. Ao pasar o punteiro sobre a páxina verás destacadas as imaxes e palabras que inclúen ligazóns para ampliar información en internet:
Velaquí as unidades anteriores que podedes navegar desde as seguintes ligazóns:
- A compostaxe
- Maxia? Non, reciclaxe
- Separar para recuperar
- Na redución de residuos urbanos: boas prácticas
- O lixo, un problema teu e do planeta
- Con todos vós, os tres erres
Na aula dixital de Botóns
A nosa aula dixital trae desta volta un novo agasallo da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Coa colaboración desta empresa pública, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, presentámosvos este novo recurso didáctico adicado ao problema do lixo. A ficha pode navegarse directamente desde aquí ou descargarse de balde para usala en calquera outro dispositivo ou formato.
Esta é a sexta entrega dunha serie que comezou co inicio do curso, o pasado 12 de setembro, coa primeira entrega onde na que coñecemos ‘Os tres erres’. Cada quince días, estes e outros personaxes acompáñannos en Botóns para axudarnos a afondar en diversos temas de interese medioambiental: a problemática que representa na actualidade a elevada produción de lixo, as boas prácticas na redución da xeración de residuos urbanos, a separación de refugallos en orixe, a compostaxe doméstica, etc
[…] O camiño da bolsa negra […]