Música animada

Música Animada - Concertos didácticos no MACUFConcertos didácticos no MACUF.

Domingos alternos entre o 06 de novembro de 2011 e o 13 de maio de 2012
Auditorio do Museo MACUF, na Coruña, de 12:30 a 13:30 horas
Entrada libre, aforamento limitado

Un ano máis, e xa son cinco, o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) presenta o seu ciclo de concertos didácticos para toda a familia «Música Animada».

Un programa que abarca unha ampla selección de estilos e xéneros musicais. Nesta tempada poderemos gozar dos tradicionais contos infantís musicados para a ocasión, de importantes obras do repertorio clásico, de bandas sonoras de películas infantís, de música de jazz, música popular, e como novidade: gozaremos de dúas sesións de ópera adaptada para nenos.

A selección baséase no perfil didáctico destes concertos, incorporando ao programa orquestras sinfónicas, de cámara e unha banda, que nos permitirán coñecer en profundidade todos os instrumentos. Ademais, trátase de que os concertos sexan o máis dinámicos e divertidos posibles. Así, marionetas, debuxos, actores, bailaríns e outros personaxes disfrazados de época, acompañan no habitual encontro coa música, os domingos pola mañá no MACUF

Máis información: Música Animada 2011-2012 (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*