Terractiva: Feira Ecolóxica en Arzúa

terractiva - feira ecolóxica de arzúaO mercado ecolóxico máis grande de Galicia volve un ano máis. Os días 17 e 18 de decembro será a oitava edición.

Produtores e produtoras locais, outros chegados de diversas partes do Estado e ata do Brasil integrarán os perto de 50 stands da Feira. E coma todos os anos, música, teatro, conferencias, proxeccións, e diversos xeitos de achegarse á Terra daranse cita na vila coruñesa.

Haberá actividades para o público infantil: EcoLudoteca, teatro, títeres e xogos populares.

Ademais e, sen dúbida e dadas as datas nas que se celebra, a Feira Ecolóxica será unha magnífica ocasión para facer de forma máis xusta e respectuosa coa contorna as compras do Nadal.

Este evento está organizado e co-financiado polo Concello de Arzúa, financiado pola Deputación da Coruña e xestionado por Coperactiva Cultural.

O programa completo na web da Feira Ecolóxica Terractiva

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*