A escola visita Sogama

Coa axuda dos nosos amigos, Os tres erres, contámosche xa un feixe de cousas sobre a xestión dos residuos e o medio ambiente. Agora queremos que coñezas un pouco máis como se traballa na planta que xestiona o lixo da maioría de Galicia.

Coa colaboración de Sogama achegámosvos unha nova peza didáctica sobre o medio ambiente.

Pica sobre a imaxe para ampliala e navegala. Ao pasar o punteiro sobre a páxina verás destacadas as imaxes e palabras que inclúen ligazóns para ampliar información en internet:

Velaquí as unidades anteriores que podedes navegar desde as seguintes ligazóns:

Na aula dixital de Botóns

Un novo agasallo para a nosa aula dixital da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Coa colaboración desta empresa pública, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, achegámosvos unha serie de recursos didácticos adicado ao problema do lixo. A ficha pode navegarse directamente desde aquí ou descargarse de balde para usala en calquera outro dispositivo ou formato.

Esta é a oitava entrega dunha serie que comezou co inicio do curso, o pasado 12 de setembro, coa primeira entrega onde coñecemos ‘Os tres erres’. Con periodicidade quincenal estes e outros personaxes acompañáronnos en Botóns para axudarnos a afondar en diversos temas de interese medioambiental: a problemática que representa na actualidade a elevada produción de lixo, as boas prácticas na redución da xeración de residuos urbanos, a separación de refugallos en orixe, a compostaxe doméstica, etc

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*