III Campus Deportivo Fundación Fedys

III Campus Deportivo Fundación FedysFútbol, natación, tenis de mesa, educación ambiental… Do 26 ao 30 de decembro, na Coruña.

Aprender técnica e destreza na práctica do fútbol con clases maxistrais impartidas por xogadores dos veteranos do Deportivo, como Fran, Manjarín, Xosé Ramón ou Jaime. Tamén, unha das novidades, será a presenza de Toni Lodeiro, ex porteiro do Azkar, quen ofrecerá clases aos futuros porteiros que se matriculen nesta convocatoria.

É xa a terceira edición desta convocatoria da Fundación Educación Deporte y Salud (FEDYS), que recentemente, contou coa participación de quen fora adestrador deportivista, Arsenio Iglesias. Este III Campus Deportivo Fundación Fedys, vaise realizar do 26 ao 30 de decembro nas instalacións do Club do Mar de San Amaro e no pavillón de Monte Alto, en horario de 10 a 14 horas. As matrículas poden facerse nas oficinas do Club do Mar ou na propia web da Fundación Fedys. Tamén nos números de teléfono 881914269 ou 881914268 en horario de 09 a 15 horas.

Ademais do fútbol, a natación e o tenis de mesa ocuparán neste terceiro campus deportivo un lugar protagonista, así como tamén talleres de educación ambiental, deporte adaptado ou educación en valores a través do deporte.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*