Para consumir sen nos consumir

Para consumir sen nos consumirIdeas prácticas para un consumo máis consciente. É a proposta para este 22 de decembro na Praza do Toural, en Compostela, dunha iniciativa dos colectivos ADEGA, Amarante, Equisol, a Federación Ecoloxista Galega, Panxea e Verdegaia.

Desde as 12h e durante todo o día, este xoves terá lugar o evento “Para consumir sen nos consumir”. A iniciativa forma parte dunha campaña coa que os colectivos promotores fan un chamento á responsabilidade diante da “tradicional chamada ao consumo” e ás “necesidades artificiais” que se poñen de manifesto especialmente nestas datas.

Obradoiro de xoguetes elaborados con material de refugallo, información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo, aprender a facer xabrón ecolóxico, xornada de troco… Son algunhas das actividades para este día promovidas por colectivos vencellados á Federación Ecoloxista Galega –destacando ADEGA e Verdegaia–, o grupo de activistas a prol da lingua e da cultura do país que dan vida á Gentalha do Pichel e tres organización que promoven o consumo consciente en Compostela – Panxea, Amarante e Equisol.

Se só o 1% das cousas que mercamos fica nas nosas casas transcorridos seis meses, non ten xeito seguir alimentando esta maneira de consumir, subliñan. Por ese motivo, neste mercadiño de Nadal non só se poderán facer compras. Aprender a darlle unha segunda vida aos envases que van parar ao lixo elaborando xoguetes, obradoiros de cosméticos e perfumería ou coñecer de onde vén o café do almorzo e canto custa producilo. Velaí algunhas propostas para coñecer o labor de movementos alternativos coma as cooperativas vinculadas co comercio xusto, a agricultura ecolóxica, o comercio local e a loita polo dereito á soberanía alimentar dos pobos.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Amelia Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*