Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional

Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade InterxeracionalO Ano Europeo do Voluntariado dá paso neste 2012 a un novo obxectivo de sensibilización por parte da Unión Europea.

Manter a solidariedade interxeracional en sociedades nas que aumenta rapidamente o número de persoas maiores é un dos eixos de acción da convocatoria definida como tema de acción pola Unión Europea (UE) desde este 1 de xaneiro de 2012. É deste xeito que se convocou o Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional.

Envellecemento activo significa:

  • darlles ás persoas maiores a posibilidade de participaren plenamente na sociedade
  • fomentar as súas oportunidades de emprego
  • permitirlles contribuír activamente a través do voluntariado (por exemplo como coidadores familiares)
  • permitirlles vivir con independencia adaptando la vivenda, as infraestruturas, la tecnoloxía e o transporte.

Xa que logo, é obxectivo da UE para este ano que agora comeza mostrar a achega das persoas maiores á sociedade e potenciar a adopción de novas políticas orientadas a promover un envellecemento activo sensibilizando á cidadanía neste sentido. Unha meta na que tamén é importante a educación dos máis novos no respecto aos maiores.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*