Fotografía polos Dereitos Humanos

O primeiro premio foi para Javier Tasende Sanmartín, alumno de 2º da ESO do IES de Viós de Abegondo pola fotografía 'Rodas 1'
'Rodas 1', fotografía de Javier Tasende Sanmartín
Velaquí as estampas gañadoras do certame organizado polo Consorcio das Mariñas no marco da campaña 16 días de activismo contra a violencia de xénero

Un total de 44 traballos optaron nesta edición ao III Concurso de Fotografía polos Dereitos Humanos que organiza o Consorcio As Mariñas. A temática proposta abranguía os dereitos da infancia, igualdade e equidade de xénero; medio ambiente; adolescencia e mocidade; liberdade de expresión, entre outros. O certame estivo dirixido a xoves de entre 12-18 anos residentes en Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

O xurado, integrado por Santiago Casal Quintáns, fotógrafo, Víctor Omgba, presidente da Asociación Equus Zebra e Juan A. Pulido Álvarez, coordinador de Médicos do Mundo Galicia destacou no fallo a profundidade no enfoque, a calidade e o tratamento dos temas achegados salientando a sensibilidade coa que os participantes, tendo en conta as idades, soubo reflectir nas súas obras.

O segundo premio recaeu en Daniel Muiños Noguerol, alumno de 2º da ESO no CPI Cruz do Sar de Bergondo pola fotografía 'Aprendendo a nadar'
'Aprendendo a nadar', fotografía de Daniel Muiños Noguerol

Entre as imaxes recibidas, seleccionáronse tres fotografías. O primeiro premio foi para Javier Tasende Sanmartín, alumno de 2º da ESO do IES de Viós de Abegondo pola fotografía ‘Rodas 1’.  O segundo premio recaeu en Daniel Muiños Noguerol, alumno de 2º da ESO no CPI Cruz do Sar de Bergondo pola fotografía ‘Aprendendo a nadar’. O terceiro premio foi para Silvia Acuña Ruano, alumna de 1º de Bacharelato do IES María Casares de Oleiros, pola fotografía ‘Nin o intentedes’.

O terceiro premio foi para Silvia Acuña Ruano, alumna de 1º de Bacharelato do IES María Casares de Oleiros, pola fotografía 'Nin o intentedes'
'Nin o intentedes', foto de Silvia Acuña Ruano

A entrega de premios tivo lugar no Edificio Administrativo ‘Toñito Espiñeira’ de Carral e estivo presidido por Margarita Ramilo e Laura Calvo, concelleiras de Servizos Sociais de Carral e Abegondo respectivamente.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*