“Coidemos o Planeta”: Conferencia internacional infantil Confint-Galicia

"Coidemos o Planeta": Conferencia internacional infantil Confint-GaliciaNo marco da Axenda 21 Escolar Galega e co obxectivo de darlle voz aos mozos sobre os retos do desenvolvemento sostible.

Darlle voz aos escolares sobre os retos do desenvolvemento sostible, chegando a unha declaración final que será froito de numerosos debates e reflexións colectivas a nivel de aulas e centros educativos. Velaí a meta do conxunto de accións desenvolvidas arredor da Conferencia Internacional Infanto-Xuvenil para o coidado do Planeta (Confint 2012).

A actividade xunta voces e esforzos de mozas e mozos de todo o mundo para dar a coñecer as súas propostas no ámbito da sostibilidade. A primeira fase, xa en marcha en Galicia, reúne este sábado 14 de xaneiro, no Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela, a alumnado e profesorado de até 42 centros educativos adscritos á Axenda 21 Escolar. A comunidade educativa galega exporá e compartirá así as súas propostas para a protección do planeta, previamente debatidas nas aulas.

Da cita de Compostela sairá un grupo de 20 alumnas e alumnos que representarán a Galicia na Confint-España, a celebrar os días 26 e 37 deste mes en Euskadi, e de aí á Confint-Europa, que contará con dous portavoces galegos, tendo lugar en Bruxelas do 14 ao 16 de maio. O proceso culminará coa Confint 2012 en Río de Janeiro, no Brasil, do 4 ao 6 de xuño, que se fará coincidir co Cumio da Terra Río+20, onde se xestará a mensaxe a trasladar ás autoridades políticas sobre os problemas medioambientais (locais e globais) a escala mundial.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*