O elixir do amor

O elixir do amorDe xira por varias cidades esta adaptación para as escolas da ópera de Gaetano Donizetti.

Nemorino está namorado de Adina, pero esta só lle transmite indiferenza. Desesperado, Nemorino mércalle un misterioso elixir ao doutor Dulcamara, un enganador que asegura que o seu milagroso produto é capaz de curar o mal de amores. Por mor de todo isto iranse desenvolvendo os acontecementos. Unha nova adaptación con música en directo que se representará de xeito áxil, ameno e divertido, á vez que ortodoxo, nas formas clásicas da ópera.

Interpreta: Camerata Lírica de España
Duración: 70 minutos

Representacións:

En Vigo: Centro Cultural – Auditorio
Do 16 ao 20 de xaneiro de 2012
Horario: 10 e 12h

En Santiago de Compostela: Auditorio NovaCaixaGalicia
23 de xaneiro
Horario: 10 e 12h

En Lugo: Auditorio Municipal Gustavo Freire
24 de xaneiro
Horario: 10 e 12h

En Pontevedra: Centro Social – Auditorio
25 e 26 de xaneiro
Horario: 10 e 12h

En Ourense: Pazo de Congresos Municipal – Auditorio
27 de xaneiro
Horario: 10 e 12h

Unidade didáctica para docentes: O elixir do amor

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*